Vodafone revoluciona as tarifas de acceso á Internet de banda larga móbil ao anunciar que en varias das súas conexións de alta velocidade a través de 3G/HSPA eliminan as limitacións de volume de transferencia, de xeito que superados os topes establecidos xa non reducen a velocidade de acceso nin cobran o tráfico adicional aos seus clientes (aínda que reducen as súas garantías de calidade de servizo).
Con esta medida Vodafone converteríase na primeira operadora europea en ofrecer tal aos seus clientes, e dende a compañía aseguran que só reducirán as velocidades das súas conexións en caso de conxestión da rede tras superar os límites de transferencia establecidos (habitualmente 4 Gb/mes).
A operadora británica di adeus á redución de velocidade a 128 Kbps aos seus clientes cando sobrepasen un límite de tráfico mensual, pero non é a súa única novidade, senón que tamén presenta a base WiFi, un dispositivo que permite compartir a través de Wi-Fi a conexións de banda larga móbil achegada a través dun modem USB que se pode conectar ao mesmo (é compatible cos modelos K3765, K3565, E220, E172 e K3520), soportando ata 5 clientes á vez.
Vodafone elimina os límites de transferencia á súa banda larga móbil
Compartir Este Artigo
