O pasado venres chegou ás tendas españolas o agardado New Super Mario Bros Wii, videoxogo que recupera o espírito das plataformas en 2D engadindo unha experiencia multixogador moi atractiva e estrean a Super Guide (un sistema que axuda aos usuarios menos experimentados no puntos do xogo nos que quedan atascados). Pero o título está de actualidade por facerse cunha puntuación de 40 sobre 40 na revista nipona Famitsu, o que sería unha puntuación perfecta que só terían acadado 6 xogos nos primeiros 20 anos da publicación, e que en 2008 iría a parar a 3 xogos e no presente ano a 4, desmerecendo completamente o que debería ser unha puntuación extraordinaria, e que agora parece ir dirixida aos supervendas da tempada.
A nivel internacional Metacritic apunta ao New Super Mario Bros Wii unha puntuación media de 86 sobre 100, o que dista moito da perfección, e que superarían outros títulos actuais para Wii coma DJ Hero ou The Beatles Rock Band, por non mencionar a xa clásicos coma Super Mario Galaxy (que conserva un 97 sobre 100) ou Super Smash Bros Brawl (cun 93 sobre 100).

O novo xogo de Mario para Wii faise cun 40 sobre 40 na revista Famitsu
Compartir Este Artigo

