A páxina web de información deportiva fulbolcoruna.com organiza nas dependencias da FNAC na capital herculina o I Campionato FIFA 2010 FNAC, que terá lugar entre os días 9 e 12 de decembro en dúas categorías que separan por idades a mozos de entre 12 e 15 anos e aos maiores de 16 anos.
Os interesados poden inscribirse pagando 15 euros, e poderán optar a premios consistentes maioritariamente en xogos para PlayStation 3, plataforma elixida para a competición de videoxogos.
Nunha primeira fase cada participante deberá superar 3 partidos (de 10 minutos) dentro do seu grupo aleatorio de 4 persoas, das que só dúas pasarán á seguinte fase, que será eliminatoria, enfrontándose os competidores ata que só quede un gañador.
Futbolcoruna.com organiza o I Campionato FIFA 2010 FNAC
Compartir Este Artigo

