O vindeiro día 12 farase entrega dos Video Game Awards 2009 nun programa de televisión no que tamén presentarán en primicia mundial a presentación do novo xogo de Medal of Honor, que finalmente abandona a Segunda Guerra Mundial, seguindo os pasos dos Modern Warfare da franquía Call of Duty, e ambientaríase en Afganistán, encarnando a un soldado de elite que desenvolverá misións que ninguén outro podería realizar.
O xogo sairá en 2010 para PC, PlayStation 3 e Xbox 360, e pretendería rescatar a saga do esquecemento no que caeu nas súas últimas versións, quedando eclipsado por outros títulos de acción en primeira persoa.
Medal of Honor rexurdirá nun xogo da guerra de Afganistán
Compartir Este Artigo

