Aínda que en España haberá que agardar ao mes de marzo para ver o agardado xogo Final Fantasy XIII para Xbox 360 e PlayStation 3, esta semana chegou ao mercado nipón a versión de PlayStation 3 do xogo que moitos agardaban para finais de 2008, de aí que non fose ningunha sorpresa as grandes colas para facer con este título de Square Enix, e mesmo algúns lanzáronse a por un modelo de coleccionista da PS3 de cor branca coa imaxe serigrafada dunha das protagonistas do xogo.
Nalgunha das tendas niponas podíase contar a preto de 400 persoas agardando para facerse co xogo no momento da súa apertura, aínda que non esperan que haxa problemas de abastecemento, pois distribuíron 1,8 millóns de unidades do xogo para a súa estrea. Tamén era posible reservar o xogo, de aí que entendemos que facer cola para conseguir unha copia é principalmente un acontecemento social (nalgúns establecementos organizaron auténticas festas para recibir esta nova entrega da saga de Final Fantasy).




