Dende ADSLzone adiantan que Telefónica pretende recuperar cota de mercado nas zonas onde operadores alternativos teñen máis presenza, o que incluiría a Galicia, de xeito que a partires do 1 de xaneiro ofertarán aos clientes que non conten con ADSL (ou estean na competencia) conexións de 6 e 10 Mbps con alta de balde (incluíndo router sen fíos) e un prezo promocional durante 36 meses: cun desconto do 50% o primeiro ano e do 18,2% os 2 anos seguintes.
Esta oferta estará vixente ata o 31 de marzo e non contará con compromiso de permanencia, e agárdase que contribúa a mellorar a competencia entre os distintos operadores na nosa comunidade autónoma.
Telefónica iniciará 2010 con ofertas de ADSL para Galicia
Compartir Este Artigo
