A primeiros de febreiro chegará ás tendas españolas o videoxogo Dante’s Inferno, que levará ás consolas Xbox 360 e PlayStation 3 unha curiosa revisión de A Divina Comedia de Dante Alighieri, convertida nunha épica batalla a través dos 9 círculos do Inferno por parte de Dante, para rescatar á alma da súa amada Beatrice. Este xogo está a ser bastante agardado, e para poder facer un primeiro achegamento ao mesmo, xa é posible descargar a súa versión de demostración dende o Bazar de Xbox LIVE (só por parte dos usuarios de pagamento).
A demo do xogo permite introducirse na historia, de xeito que durante pouco máis de 10 minutos podemos botar un ollo á mecánica deste título e ao seu argumento, resultando inevitable a súa comparación coa saga de God of War (exclusiva das consolas de Sony), e os usuarios que non queiran molestarse na descarga e instalación deste adianto, poden ver o que dá de si no seguinte vídeo:
Xa está dispoñible a demo de Dante’s Inferno
Compartir Este Artigo

