A operadora británica Vodafone foi pioneira en España no tocante á telefonía 3G e na aposta pola banda larga móbil, o que serviulle para liderar tal tipo de servizos durante anos, o que vén de cambiar no terceiro trimestre do ano, e así, por primeira vez, Telefónica supera a Vodafone en conexións de datos dedicadas a través das infraestruturas de telefonía móbil de terceira xeración.
Este cambio na balanza parece estar provocado pola fortaleza de Telefónica entre os clientes corporativos, e así no sector profesional superan en clientes a Vodafone en preto de 190.000, e no tocante á captación de clientes empresariais, Movistar captou 100.000 durante os 9 primeiros meses do ano, mentres que Vodafone tivo que conformarse con menos de 13.500.
De todos os xeitos, a distancia entre ambas compañías aínda é moi reducida, sumando Telefónica 665.537 clientes de banda larga móbil, mentres que Vodafone chega aos 640.402, e non sería de sorprender que as tornas cambien no último trimestre do ano, xa que Vodafone decidiu eliminar o límite de transferencia das súas conexións de datos, o que supón un elemento diferenciador e unha vantaxe moi significativa.
Movistar supera a Vodafone en conexións de banda larga móbil
Compartir Este Artigo
