En 2010 continuará o retorno de clásicos xogos de loita de recreativas, e unha das contribucións ao xénero será Neo Geo Battle Coliseum, que estará dispoñible para Xbox LIVE Arcade coma xogo descargable, e do que xa podemos ver varias capturas de pantalla publicadas en primicia por SpekSNK.
O xogo ocupará uns 831 Mbytes e gozará de melloras gráficas, coma escenarios tridimensionais e filtros de imaxe semellantes aos que puidemos ver en Marvel vs Capcom 2, e que fan máis agradable ver en pantalla títulos que non contan con gráficos en alta definición.
Neo Geo Battle Coliseum é un xogo de loita que mestura personaxes de xogos de SNK coma Fatal Fury, Metal Slug, Art of Fighting ou World Heroes, resultando máis unha curiosidade que un título memorable.
Neo Geo Battle Coliseum adaptarase á Xbox 360
Compartir Este Artigo

