Durante o CES de Las Vegas presentaron unha importante actualización do sistema operativo webOS (empregado polos terminais Palm Pre e Pixi), que chegará en febreiro á súa versión 1.4, con soporte de Flash 10.1 e gravación de vídeo, aínda que moitos tamén recibirán cos brazos abertos que Electronic Arts, Gameloft, Laminar Research e Glu Mobile aproveiten a potencia do Palm Pre para lanzar unha serie de xogos en 3D coma Need for Speed Undercover, The Sims 3, Monopoly, Asphalt 5: Elite Racing, Let’s Golf!, Glyder 2 e X-Plane.
Estes novos son posibles grazas ao novo Palm webOS Plug-in Development Kit, que mellora o SDK para este tipo de móbiles, facilitando aos programadores a incorporación de código C e C++ ás súas aplicacións.
O Palm Pre contará con xogos 3D
Compartir Este Artigo

