A aplicación permite pór ollos de sharingan aos amigos, e facer puzzles coas imaxesOs afeccionados á serie de televisión (ou á colección de manga) de Naruto Uzumaki que conten cunha consola portátil Nintendo DSi poderán descargar de DSiWare en breve por 500 puntos a aplicación Nari Chara Naruto Shippuden, que aproveita a cámara da portátil de Nintendo para incrustar a cara das persoas retratadas en personaxes de Naruto, personalizables de distintos xeitos entre os que sorprende a posibilidade de inserirlles ollos de sharingan (xusto o contrario ao que tenden os afeccionados á fotografía, que prefiren eliminar os ollos vermellos) e incluso coller as imaxes finais e construír con elas divertidos puzzles que solucionar.