É habitual que en Europa gocemos de edicións especiais de videoxogos peores que as norteamericanas, e que chegan ás tendas máis tarde, pero o prometedor título Heavy Rain non vai discriminar ao público europeo, e o vindeiro 25 de febreiro chegará ás nosas tendas nunha edición especial (que custará o mesmo que a normal para os consumidores que a reserven) e tamén nunha edición de coleccionista realmente atractiva que inclúe o primeiro episodio descargable do xogo, a banda sonor e un tema dinámico para a PlayStation 3.
Heavy Rain chegará a Europa o 25 de febreiro
Compartir Este Artigo

