As conexións de banda larga están a medrar en velocidade e mellorar en competitividade, e coma exemplo temos a Orange, que está a desenvolver un piloto comercial de fibra óptica na zona do Retiro de Madrid, dando conexións de 50 Mbps simétricas aos seus clientes, aos que oferta a instalación e despregamento da fibra óptica de balde, pasando logo a pagar 44,95 euros/mes pola conexión de alta velocidade mencionada que inclúe teléfono con tarifa plana de chamadas nacionais e televisión (preparada para a alta definición).
Rematado esta etapa de probas, agárdase que a filial española de France Telecom leve este tipo de conexións nas mesmas condicións a outras áreas, o que suporá unha importante mellora con respecto das súas conexións actuais.
Orange proba conexións á Internet simétricas a 50 Mbps
Compartir Este Artigo
