THQ anunciou que están a preparar un novo xogo para Wii da serie All Star que sería o primeiro en integrar xogabilidade baseada no karate na consola de Nintendo, e que chegaría ás tendas na primavera.
All Star Karate, pese a estar inspirado nas artes marciais, non ten a aparencia dun título violento, senón que fai uso dunha estética un tanto humorística, e consiste en manexar a un mozo que intenta salvar a un ancián do ataque de varios ninjas, o que lévalle a coñecer a un mestre de karate que o acolle coma aprendiz, polo que a partires dese momento haberá que mellorar as dotes marciais ata chegar ao cinto negro.
O xogo tirará proveito do Wii MotionPlus, contará con multitude de minixogos e incluso permite adestrar contra amigos nun modo de desafío ou creando secuencias de movementos propias cun editor de katas.
Vídeo de presentación do novo xogo de THQ para Wii
All Star Karate leva as artes marciais máis divertidas á Wii
Compartir Este Artigo

