Estes días están a emitir por televisión un anuncio no que informan do lanzamento da colección de videoxogos CodeGame, que estréase con tres títulos (Far Cry 2, Splinter Cell Caos e World in Conflict) que poden mercarse en conxunto por só 9,95 euros, o que supón unha oferta sumamente atractiva para os xogadores de PC, que poden adquirir así numerosos títulos de peso a un prezo moi reducido. Estes xogos poderán adquirirse tanto en tendas especializadas coma en quioscos, e para a semana que vén tamén incluirá uns xogos de auténtico luxo: Heroes of Might and Magic, Prince of Persia (2008) e Call of Juarez: Bound in Blood.
As seguintes entregas serán coma segue: – GRAW 2, Settlers Construye tu Imperio e Prince of Persia: Alma del Guerrero – Brothers in Arms Hell´s Highway, END WAR e Blazing Angels 2 – Dark Messiah of Might and Magic, Silent Hunter 4 Wolves of the Pacific e Rayman Raving Rabbids – Driver: Parallel Unes, Anno 1404 e Tom Clancy´s Hawk – Tom Clancy´s Rainbow Six Vegas 2, Faces of War e Tom Clancy´s Splinter Cell: Double Agent – CSI New York, Anatomía de Grey e Perdidos
Ubisoft lanza unha colección de xogos para PC a prezo reducido
Compartir Este Artigo

