Xa temos comentado que a franquía de Prince of Persia volverá ás consolas de videoxogos por mor dunha película que adapta a saga de xogos orixinal, e Ubisoft confirma agora que Prince of Persia: Las Arenas del Tiempo porase á venda en Europa nas súas versións para PlayStation 3, Xbox 360 e Wii o 14 de maio, confirmando que tamén terán versións para PC, PSP e Nintendo DS, pero das que aínda non fixan unha data de lanzamento.
O novo xogo será unha historia inédita, con novos personaxes, poderes para alterar a natureza e o tempo, multitude de puzzles e varios camiños para completar a aventura que garantirá unhas 15 horas de xogo, e no caso da Wii aproveitará o mando con sensor de movemento.
O novo xogo de Prince of Persia sairá en maio
Compartir Este Artigo

