A xente de Hanwa no Xapón decidiu inspirarse nas vellas válvulas de baleiro para o deseño dun novo trebello conectable ao PC mediante USB, que permite actualizar os equipos informáticos para dotalos de compatibilidade con son DTS. O produto responde á referencia AS301DTS, coñecéndose máis popularmente coma X-Tube, e precisaría para funcionar unha aplicación informática chamada DTS Headphone Deck e uns auriculares compatibles con DTS (coma o AH-516), ambos incluídos ao adquirir o dispositivo por 3.980 iens (32,20 euros), polo que resulta unha solución bastante económica para quen queira gozar dunha experiencia de son envolvente no ordenador.

Un dispositivo USB engade ao PC soporte de son DTS
Compartir Este Artigo

