Nos últimos días Sony adiantara que ía facer un «anuncio sorpresa», e finalmente sabemos que o seu segredo non era outro que SOCOM 4 para PlayStation 3, xogo que está a desenvolver Zipper Interactive (responsables de MAG), devolvendo á actualidade esta franquía militar que desta volta sitúanos no sueste asiático, onde tomaremos o papel de Cullen Gray, comandante dun pelotón Navy SEAL de elite de 5 homes, para adentrarse na selva para localizar a un obxectivo en menos de 6 días, enfrontándose no proceso con todo un exército de combatentes rebeldes.
O xogo contará cun modo historia individual ou cooperativo (axudado por ata 5 amigos), aínda que tamén poderá xogarse en liña con ata 32 xogadores . Este proxecto buscará un realismo tanto a nivel gráfico coma táctico, e podería aproveitar o éxito de franquías coma Modern Warfare para acadar unha boa aceptación pública.
Pese a que aínda falta bastante para que o produto estea rematado, xa podemos ver un trailer de SOCOM 4:
Sony anuncia SOCOM 4 para PS3
Compartir Este Artigo

