Os afeccionados a tocar a guitarra eléctrica que teñan un iPhone/iPod Touch agradecerán o lanzamento dun accesorio chamado Guitarbud, consistente nun cable de audio que permite conectar a guitarra ao terminal para escoitar ou gravar as nosas sesións musicais á vez que podemos conectar uns auriculares ou altofalantes para escoitar a música interpretada.
O cable está á venda por 29,95 dólares (21,77 euros) e pode combinarse con distintas aplicacións de gravación de audio do iPhone, que permiten dende facer unha gravación básica ata aplicar efectos en tempo real.
Vídeo de presentación do Guitarbud
Guitarbud permite conectar unha guitarra eléctrica no iPhone
Compartir Este Artigo

