Os usuarios profesionais demandan en moitas ocasións terminais telefónicos con soporte para dúas tarxetas SIM simultáneas, de xeito que poden recibir nun único móbil as chamadas dirixidas á súa liña telefónica de empresa e ao seu número persoal, á vez que poden facer chamadas dende ambas liñas segundo o tipo de comunicacións que queiran establecer, pero Intex leva este tipo de produtos un chanzo máis arriba co seu móbil IN 5030, que soporta ata 3 tarxetas SIM.

O dispositivo mide 111 x 48 x 14,8 milímetros, pesa 105 gramos, ten unha pantalla de 2 polgadas, lector de tarxetas microSD, Bluetooth, reprodutor multimedia, radio FM e unha cámara de 1,3 Mpíxeles,polo que non estariamos ante un terminal de grandes prestacións (nin sequera soporta comunicacións 3G) pero cunhas características bastante válidas para os mercados aos que vai destinado (economías emerxentes). Polo momento véndese na India por 4.700 rupias (uns 75 euros).
Intex lanza un móbil con triple SIM
Compartir Este Artigo

