A urbanización de Navia será a primeira de Galicia que contará con fibra óptica no fogar (FTTH), a tecnoloxía máis avanzada para o uso dos servizos asociados a Internet, pois Telefónica elixiu este barrio de nova creación para implantar este novo servizo, capaz de alcanzar velocidades ilimitadas na Rede. As primeiras probas piloto realizáronse en Madrid hai ano e medio. Actualmente está desenvolvéndose en 60 cidades de España, pero ata agora ningunha delas galega.
A primeira fase da obra estará lista en maio e permitirá gozar da nova rede de última xeración en 1.213 vivendas, superando os 778,58 quilómetros de fibra e incluíndo a instalación de equipos activos con tecnoloxía GPON. Os veciños terían así velocidades de acceso á Internet superiores aos 100 Mbps, sen que o uso da televisión de Imagenio afecte á velocidade de acceso á Rede.
A oferta comercial de Telefónica para a fibra óptica directa ao fogar comeza con prezos que oscilan entre os 70 e os 80 euros, semellante ao actual ADSL ou ao mellorado VDSL, empregado na opción máis avanzada da compañía (o trío Futura).
Telefónica inicia en Vigo o despregamento da súa rede de fibra óptica ata o fogar
Compartir Este Artigo
