
A nova consola presentarase na vindeira edición do E3 (feira de videoxogos que comeza o vindeiro 15 de xuño) polo que mentres é de agardar que cheguen múltiples rumores, coma os que aseguran que as 3D da consola estarán moi lonxe da estereoscopía, e referiríase a gozar de gráficos tridimensionais que modificasen o seu punto de vista segundo a posición da consola (facendo uso de acelerómetros). Tamén parece probable que integrará tecnoloxía nVIDIA Tegra.
En xuño saberemos máis desta nova consola, que debería chegar ao mercado antes de rematar marzo de 2011, polo que aínda é moi pronto para avanzar detalles como a súa data de lanzamento e o seu prezo.
Nintendo confirma que prepara unha nova consola portátil
Compartir Este Artigo

