Os resultados económicos da industria do videoxogo n España veñen de facerse públicos por parte de aDeSe, consolidándose coma o sector do lecer audiovisual e interactivo máis importante, sumando o 53% do mercado cunha facturación de 1.200 millóns de euros, o que supón unha caída interanual do 16%, o que xustifican pola conxuntura económica actual e o alto índice de piratería (en alusión ás descargas a través da Internet), aínda que este último argumento podería ser moi discutible por non existir evidencias de que esta práctica medrase o último ano e polo feito de que o segmento do sector que máis contraeu a súa facturación foi o do hardware (un 18%), o que podería ser consecuencia en grande medida pola rebaixa de prezos das consolas domésticas.
A plataforma que máis xogos vendeu foi a Wii (o 20,1%), seguida da PS3 (co 18,7%), pero se analizamos a facturación temos que a consola se Sony queda en mellor posición (co 27% da facturación) aínda que a moi pouca distancia da consola doméstica de Nintendo (26,2%). Curiosamente a Xbox 360 (consola líder nos EE.UU.) no noso mercado quedou por debaixo da PS2, a PSP e o PC en número de xogos vendidos (aínda que superou ás 3 plataformas en facturación). Sobra dicir que no caso das portátiles Nintendo liderou claramente, dobrando os resultados da PSP de Sony.
Os videoxogos caen en España un 16% durante 2009
Compartir Este Artigo

