O ultimo informe de prezos da banda larga fixa por parte de operadores dominantes presentado pola Comisión do Mercado das Telecomunicacións situaba a Telefónica coma o operador máis caro de Europa para conexións de entre 2 e 10 Mbps, quedando segundo para conexións de 1 Mbps, por detrás da irlandesa Eircom, pero a situación vai cambiar, porque esta última compañía multiplicará por 8 a velocidade deste tipo de conexións sen incremento de prezo, o que mellorará a situación da banda larga irlandesa, pero situará a España nunha situación aínda peor, co ex monopolio máis caro de Europa.
Telefónica convértese no operador histórico coa banda larga máis cara de Europa
Compartir Este Artigo
