Aínda que as 3D sexan unha experiencia máis apta para pantallas de grande tamaño, os fabricantes de equipos portátiles non queren quedar a un lado, e MSI presenta un novo portátil con pantalla de 15,6 polgadas compatible coa tecnoloxía nVIDIA 3D Vision, que facilita a visualización de contidos estereoscópicos valéndose de lentes polarizadas, para o que debe traballar a 120 Hz (xerando unha imaxe de 60 Hz para cada ollo).
Polo momento o equipo é só un prototipo que funciona cun procesador Intel Core i7, prestacións bastante avanzadas e reprodutor de Blu-ray.
Vídeo no que podemos ver o prototipo de MSI en funcionamento
MSI amosa un portátil con pantalla 3D
Compartir Este Artigo

