O estudo español Tonika Games en colaboración con Vaughan Systems desenvolveu PlayEnglish, un novo xogo para PSP que baixo unha fórmula de aventura gráfica pretende axudar ao usuarios a mellorar o seu coñecemento do inglés.
Este título está protagonizado por un detective español con baixo nivel de inglés, que deberá desenvolverse nesa lingua para resolver un misterio, ampliando paulatinamente o vocabulario e o coñecemento do inglés. Chegará ao mercado español en xuño, e pretende exportarse a outros países europeos nos vindeiros meses.
Un xogo de PSP axudará a mellorar o nivel de inglés
Compartir Este Artigo

