Os fabricantes de cámaras fotográficas dixitais son conscientes da compoñente nostálxica dos seus usuarios, de aí que poidamos ver como a última cámara micro catro terzos de Olympus, a PEN E-P2, optase por un acabado retro, de xeito que esta semana debería comezar a comercializarse en cor prata e cunha lente M. Zuiko Digital ED 14-42 mm 1:3.4-5.6 por un prezo de 799 euros.
Esta cámara consegue combinar con éxito a calidade dunha réflex coa espontaneidade dunha compacta e tamén é capaz de gravar vídeo en alta definición.
A Olympus PEN E-P2 vístese de prata
Compartir Este Artigo

