Os usuarios de Mac OS X que gusten dos videoxogos reciben cos brazos abertos a versión de Steam para Mac, de xeito que a plataforma de distribución dixital de videoxogos estréase nos ordenadores da mazá cun catálogo de 58 títulos entre os que hai títulos de referencia coma Portal (de balde ata o vindeiro día 24) ou Braid, así coma moitos clásicos de LucasArts, aínda que sen contar con moitos dos títulos máis emblemáticos desta plataforma no PC, coma Left 4 Dead ou Counter Strike.
Dende Valve aseguran que incorporarán novos títulos compatibles con Mac cada mércores, agardando que moitos desenvolvedores comecen a ter en conta Mac OS X coma plataforma para os seus títulos, agora que gozan dunha excelente plataforma de comercialización que conta con ferramentas que facilitan as actualizacións automáticas, sistema de autentificación, tecnoloxía anti-copia, puntuacións en liña ou mesmo funcionalidades pensadas en redes sociais.
A listaxe de xogos dispoñibles actualmente no Steam para Mac é a que segue: – Portal – Torchlight – Indiana Jones and the Fate of Atlantis – Indiana Jones and the Last Crusade – The Dig – Loom – Tales of Monkey Island Complete Pack – Sam & Max: The Devil’s Playhouse – Braid – Civilization IV: Warlords – Civilization IV: Beyond the Sword – Civilization IV: Colonization – Civilization IV: The Complete Edition – TriJinx: A Kristine Kross Mystery – World of Goo – Zuma Deluxe – And Yet It Moves – Escape Rosecliff Island – Brainpipe: A Plunge to Unhumanity – Diaper Dash – Machinarium – Football Manager 2010 – Bob Came in Pieces – KrissX – Galcon Fusion – Quantz – Toki Tori – Valerie Porter and the Scarlet Scandal – Parking Dash – The Nightshift Code – Nightshift Legacy: The Jaguar’s Eye – Mahjong Roadshow – Hotel Dash Suit Success – DinerTown Detective Agency – Fitness Dash – Gemini Lost – Atlantis Sky Patrol – Fairway Solitaire – Professor Fizzwizzle and the Molten Mystery – Unwell Mel – My Tribe – DinerTown Tycoon – Osmos – Wandering Willows – Wedding Dash 2: Rings Around the World – Zenerchi – Dream Chronicles: The Chosen Child – Diner Dash: Hometown Hero – Cooking Dash – Chocolatier: Decadence by Design – Peggle Nights – Luxor – Luxor: Mah Jong – Luxor 3 – Peggle Deluxe – Bejeweled 2 Deluxe – Bookworm Deluxe – Chuzzle Deluxe
Steam chega finalmente a Mac
Compartir Este Artigo

