A compañía de videoxogos especializada en dispositivos móbiles, Gameloft, quere levar o seu éxito no iPhone/iPod Touch aos terminais con Android, de xeito que estrea unha tenda en liña para este tipo de dispositivos dende a que venden inicialmente 10 títulos con ricos gráficos tridimensionais e un sistema de xogo intenso que estarían especialmente dirixidos a usuarios con móbiles potentes coma o Nexus One, o HTC Desire, o Motorola Milestone ou o Xperia X10, pero que parecen estar a ter unha estrea un tanto accidentada, posto que polo momento non están dispoñibles dende España e a meirande parte dos títulos presentan serios problemas de funcionamento, o que están a forzar a Gameloft a devolver os cartos aos usuarios que os mercaron.
Segundo parece, os únicos xogos en funcionar axeitadamente serían o Real Soccer 2010, Let’s Golf! e Modern Combat: Sandstorm, mentres que Hero of Sparta, Tom Clancy’s H.A.W.K., Dungeon Hunter, Asphalt 5, Gangstar, Assassin’s Creed: Altair’s Chronicles e N.O.V.A. experimentan problemas en varios terminais con Android, aínda que a compañía está a traballar en arranxalos, dando a impresión de que este lanzamento masivo foi un tanto apresurado.
Anuncio dos novos xogos que ofrecerá Gameloft para móbiles con Android
Gameloft estrea tenda de xogos para Android con 10 títulos
Compartir Este Artigo

