Os portátiles máis básicos de Apple, os MacBook con carcasa branca Unibody de policarbonato, veñen de renovarse silenciosamente, actualizando as súas prestacións cunha importante mellora dos equipos, o que desafortunadamente afecta ao seu prezo. Deste xeito, os portátiles de Apple sitúan o seu prezo de partida nos 979 euros, incorporando unha pantalla LED de 13,3 polgadas, un procesador Intel Core 2 Duoa a 2,4 GHz, 2 Gb de RAM, 250 Gb de disco duro, unidade SuperDrive, tarxeta gráfica nVIDIA GeForce 320M e unha batería que promete unha autonomía de 10 horas, podendo considerarse a este último elemento como a mellora máis destacable, posto que o modelo anterior tiña unha autonomía de 7 horas).
O novo MacBook branco conta cunha autonomía de 10 horas
Compartir Este Artigo

