Para promocionar a chegada da plataforma de xogos Stream a Mac OS X, ofrecen o xogo Portal de balde ata o 24 de maio, e esta iniciativa está a ter unha acollida impresionante, superando xa o millón e medio de descargas para PC e Mac, aínda que sen precisar o reparto de descargas entre ambas plataformas. O que si confirman dende Steam é que o 11% das compras de xogos nesta plataforma durante a última semana corresponderon xa a usuarios de Mac OS X, dos que curiosamente 2 de cada 3 empregan portátiles para xogar.
Valve está a recompilar información sobre o uso dos seus xogos para analizar o novo escenario que ábrese ao incorporar aos Mac á súa plataforma, e que servirá para que os desenvolvedores consideren se compensa adaptar os seus títulos para os equipos de Apple.
Portal supera os 1,5 millóns de descargas de balde en Steam
Compartir Este Artigo

