Moitos afeccionados ao fútbol españois estarán contentos de saber que dende EA Sports elaboraron unha simulación aproveitando a información recompilada para o xogo Copa Mundial de la FIFA Sudáfrica 2010 para determinar quen gañará o vindeiro Mundial de Fútbol, chegándose á conclusión de que o torneo deportivo pecharase cun partido entre España e Brasil cun resultado de 3-1.
A predición de EA Sports tamén é negativa para o país anfitrión do torneo, posi Sudáfrica sería o primeiro equipo eliminado. No tocante aos xogadores, David Villa levaría a casa a Bota de Ouro con 7 goles e Kaká gañaría o Balón de Ouro.
Estes datos, pese a que non sexan moi científicos, o que determinarían claramente é que España é o equipo favorito este ano, no que tamén coinciden as casas de apostas en liña, aínda que antes do inicio da competición parece arriscado facer cábalas.
Unha simulación determina que España gañará o Mundial de Fútbol
Compartir Este Artigo

