Durante a conferencia D8 Steve Jobs asegurou que estamos ante o inicio dunha «era post-PC», afirmación á que o máximo responsable de Microsoft, Steve Ballmer, respondeu no mesmo foro, argumentando que tanta portátiles coma smartphones son esencialmente ordenadores cun formato diferente e opinando que «a xente continuará a utilizar PC cada vez máis durante os vindeiros anos» matizando que os equipos «parecerán diferentes… evolucionarán».
Ballmer defende que o público quere ter un dispositivo de propósito xeral coma o PC, en vez de utilizar distintos dispositivos (tanto por comodidade coma por economía), aínda que rematou a faena asegurando que o iPad é un PC e «situar dispositivos coma o iPad nunha categoría máis alá do PC só é unha táctica de márketing».
Steve Ballmer rexeita que esteamos ante a morte do PC
Compartir Este Artigo
