Para levar un pouco máis adiante os seus reprodutores multimedia portátiles, Blusens vén de estrear no mercado español os seus reprodutores Blusens P80, que en capacidades de 4 e 8 Gb (a 99,99 e 129 euros respectivamente), non só permite reproducir música (MP3, WMA, WAV, FLAC, AAC e OGG), vídeo (MPEG-4, AVI, MPEG, DAT, FLV, WMV, MP4, 3GP, ASF, RM e RMVB), visualizar imaxes (JPEG, BMP e GIF), ler textos, gravar voz e radio FM (en WAV), senón que tamén integra un sintonizador de TDT (con antena extraíble), de xeito que podemos ver a televisión na súa pantalla de 3,5 polgadas cunha resolución de 400 x 240 píxeles.
A autonomía do Blusens P80 é de 6 horas para a reprodución de vídeo e 21 horas para a reprodución de audio. Mide 7,1 x 11 x 1,5 centímetros e pesa 124 gramos.
Blusens lanza un reprodutor multimedia portátil con sintonizador de TDT
Compartir Este Artigo

