Tras a morte do Rei do Pop confirmouse que estaba a desenvolverse un videoxogo centrado na figura de Michael Jackson, que iría máis alá de aparicións coma personaxe (o que xa acontecera no xogo Moonwalker, nas dúas primeiras entregas de Space Channel 5 e algún outro título) e achegaríase tamén á súa música. Ubisoft finalmente anunciou que o novo xogo será unha especie de simulador de actuacións de Jackson, de xeito que revivirase o baile e a canción dos temas máis populares do artista, coma Beat It ou Billie Jean.
En liña coas novidades presentadas este ano na feira E3 de Los Ángeles, Michael Jackson: The Game fará uso de Kinect na Xbox 360 e de PlayStation Move na PS3, á vez que tamén haberá versións moito menos ambiciosas para Nintendo DS e PSP.
Michael Jackson estreará xogo musical
Compartir Este Artigo

