Harmonix está a colaborar con iZotope, compañía especializada no proceso de sinais de audio para engadir filtros ao futuro xogo Rock Band 3, de xeito que os usuarios que canten non espantarán aos seus amigos grazas a correccións na entonación que fará o programa de xeito automático, empregando unha tecnoloxía semellante á que utilizan os cantantes reais cando saen a escena.
A análise que se realiza da nosa voz non só servirá para corrixir en tempo real a entonación, senón que tamén servirá para conseguir unha maior precisión no xogo.
Rock Band 3 corrixirá a voz dos usuarios
Compartir Este Artigo

