Os World Cyber Games, competición considerada como as olimpíadas dos videoxogos, terán lugar entre os días 30 de setembro e 3 de outubro en Los Ángeles (EE.UU.), aínda que tamén pode pillarnos máis preto, posto que o centro comercial Plaza Imperial de Zaragoza acollerá os días 3 e 4 de setembro unha das máis de 70 finais nacionais que hai en todo o mundo. Para asistir a este evento antes hai que superar unha fase de cualificación en liña.
Os xogos nos que poderá competirse serán Counter-Strike e FIFA 10 para PC e Guitar Hero 5 e Tekken 6 para Xbox 360.
Zaragoza acollerá a final española dos World Cyber Games
Compartir Este Artigo

