Sucker Punch Productions vai recuperar o personaxe de Cole MacGrath para construír unha secuela do videoxogo inFamous, exclusivo para PlayStation 3, trasladando a acción á cidade de New Marais, onde Cole presenta unha aparencia máis moza, un maior control dos seus poderes eléctricos e novos poderes de xeo, podendo mesmo a chegar a provocar tornados, polo que estamos ante un xogo que promete principalmente espectacularidade e acción pura e dura, coma deixan ver dende Sony coa publicación do primeiro vídeo in-game de inFamous 2:
Sony deixa ver cómo será inFamous 2 en acción
Compartir Este Artigo

