Aínda que DJ Hero fose un videoxogo musical que apostase por un nicho demasiado concreto e arriscado, esta aposta de Activision parece ser atinada, e a longo prazo foi boa a súa acollida internacional, de aí que este outono vaian lanzar unha secuela, que permitirá converter o salón das nosas casas nunha discoteca se os usuarios conectan á súa consola de videoxogos 2 mesas de mestura e o micrófono (elemento novo que pretende mellorar a experiencia multiusuario), para xogar coa música de máis de 100 grandes artistas de todo o mundo e de estilos coma o pop, o dance e o hip hop. Os xogadores tamén poderán gozar de mesturas inéditas creadas polos DJ de FreeStyle e grandes artistas coma Deadmau5 ou David Guetta.
DJ Hero 2 permitirá montar unha auténtica festa entre amigos, con modos multi-xogador que permitirán organizar batallas de DJ con mesturas creadas para tal modalidade e convidando aso aspirantes a cantantes a unirse co micrófono á vez que os xogadores poden saír e entrar na partida no Modo festa. Os usuarios poderán desatar a súa creatividade facendo uso do scratching, o crossfading e o sampling, e para xogar en solitario na Xbox 360, a PlayStation 3 e a Wii será posible participar no Modo Imperio no que os xogadores poden evolucionar na súa carreira musical para pasar de DJ afeccionados a estrelas.
A listaxe de artistas que achegarán a súa música ao xogo vén de confirmarse e é a que segue: – 2Pac – 50 Cent – Adamski – Afrika Bambaataa & The Soul Sonic Force – Armand Van Helden – A-Trak – B.o.B. – Basement Jaxx – BlakRoc – Bobby Womack – Bruno Mars – Busta Rhymes – Calvin Harris – Chamillionaire – Chic – Chris Willis – Clinton Sparks – Colby O’Donis – Daft Punk – Damian Marley – David Guetta – Deadmau5 – Deee-Lite – Dillinja – Diplo – Dizzee Rascal – DJ Shadow – Donna Summer – Dr. Dre – Drake – Edwin Starr – Eminem – Estelle – Flo Rida – Gorillaz – Grandmaster Flash & The Furious Five – Harold Faltermeyer – House Of Pain – Iyaz – Jackson 5 – Janet Jackson – Justice – Kanye West – Kaskade – Kelis – Keri Hilson – Kid Cudi – Kool & The Gang – Lady Gaga – Lil Jon – Lil Wayne – LL Cool J – M.I.A. – M|A|R|R|S – Major Lazer – Malcolm McLaren – Mase – Melle Mel & Duke Bootee – Metallica – Missy Elliott – Mos Def – MSTRKRFT – N.O.R.E. – Nas – Nate Dogg – Naughty By Nature – Nelly – New Boyz – New Order – Newcleus – Nightcrawlers – Orbital – Pharoahe Monch – Pirate Soundsystem – Pitbull – Puff Daddy – Pussycat Dolls – Rihanna – Robin S. – RZA – Salt N Pepa – Sam Cooke – Sam Sparro – Sean Paul – Skibadee – Sneaky Sound System – Snoop Dogg – Snow – Soulja Boy Tell Em – Sparfunk & D-Code – Static Major – Stevie Wonder – Talib Kweli – The Chemical Brothers – The Crystal Method – The Egg – The Notorious B.I.G. – The Prodigy – Tiësto – Tiga – Timbaland – Tweet – Walter Murphy – Warren G – Wayne Smith – Will.I.Am – Yeah Yeah Yeahs – Young Jeezy
DJ Hero 2 contará con música de máis de 100 artistas internacionais
Compartir Este Artigo

