En setembro chegará ás tendas o xogo Spider-Man: Shattered Dimensions, que destaca porque presentará distintas versións do popular trepamuros de Marvel de 4 universos paralelos, que Activision foi desvelando pouco a pouco, e tras confirmar que poderiamos contar con Spider-Man clásico e a súa versión noir, anunciaron que tamén teriamos ao home araña futurista, Spider-Man 2099, e á espera de que desvelen oficialmente a cuarta encarnación que aparecerá no xogo vese na páxina web de Gamefly (só nas versións de PS3 e Xbox 360 do xogo) nunha versión da carátula deste título que deixa ver a un Spider-Man con traxe negro, ou sexa, ao sobriño de Ben Parker vestido cun uniforme que conseguiu durante a saga coñecida coma Secret Wars e que resultou ser un simbionte alieníxena que máis adiante posuiría ao fotógrafo Eddie Brock, a quen convertería en Venom, un dos inimigos máis populares de Spider-Man.
![]() |


