
O encontro, inaugurado polo reitor Juan Casares Long, conta entre outras achegas coa participación activa do profesor de José Luis Freire Nistal, profesor da Universidade da Coruña, quen ademais de desenvolver tarefas de organización no evento, vai favorecer a publicación dos traballos máis salientables presentados na revista Computing, editada por Springer e apoiada entre outros investigadores polo propio Freire Nistal.
Os Encontros de Álxebra Computacional e Aplicacións (EACA) comezaron en 1995 da man dos profesores Laureano González-Vega e Tomás Recio Muñiz, da Universidade de Cantabria. Segundo informa a USC, ao longo dos últimos anos o grupo español que traballa na disciplina ampliouse e hoxe o Comité Científico dos EACA ten 14 membros e nel están representadas 12 universidades españolas.
A edición do congreso deste ano, bianual dende 2004, está organizada conxuntamente polas Universidades da Coruña e Santiago.
Expertos en computación de todo o Estado danse cita na Facultade de Matemáticas de Santiago
Compartir Este Artigo
