Se hai dun centro comercial do que se fala estes días, e se cadra de máis, é sen lugar a dúbidas de Ikea. Aínda a risco de sermos insistentes, cómpre sinalar que a firma sueca querer buscar publicidade de balde ata no seu peculiar xeito de apostar pola lingua dos países onde se vai asentando, sendo o noso o máis recente en incorporarse a través do emprazamento aberto na Coruña. Se hai uns meses falabamos en Código Cero dos bos agoiros, lingüisticamente falando, que acompañaban a chegada da compañía, agora toca constatar que os deberes semellan estar a medio facer. Deste xeito, a compañía cumpre o seu compromiso coa nosa lingua no seu micro espazo web sobre a tenda da Coruña, pero parece esquecelo con outras canles de comunicación como o seu asistente virtual.
Así nolo fai saber Xornal.com, para quen estamos perante un caso de discriminación, e máis se temos en conta que o dito asistente si que aparece noutros idiomas cooficiais do Estado, como o éuscaro ou o catalán. Asemade, o galego non ten presenza nos cartaces da tenda, cousa que (insistimos) non acontece en Euskadi ou en Catalunya.
Ikea dá unha de cal e unha de area na súa aposta polo galego
Compartir Este Artigo
