Algúns fabricantes están a atreverse a competir co iPad de Apple, e a xermana E-Noa está a preparar o seu Interpad, un dispositivo tipo tablet con pantalla multi-táctil de 10 polgadas con sistema operativo Android 2.1, procesador de dobre núcleo Tegra 2 T20 a 1 GHz, 1 Gb de RAM, 16 Gb de memoria interna ampliable mediante tarxetas microSD, Wi-Fi, Bluetooth 2.1, USB 2.0, HDMI e batería de 3.900 mAh que podería dotalo dunha autonomía de entre 8 e 12 horas, de xeito que parece que parece superar moitas das barreiras que separa o iPad dun PC, que pretende venderse a finais de ano a 399 euros (aínda que podería estar dispoñible tamén unha versión con Android 2.2, GPS, cámara e 3G por menos de 500 euros).
As medidas do trebello son de 253 x 164 x 12,5 milímetros e pesa 660 gramos, de xeito que estaría moi na liña do tablet de Apple, coma poderá comprobarse en setembro na vindeira edición do IFA de Berlin.
Preparan un novo tablet alemán baseado en Android
Compartir Este Artigo

