A chegada das 3D aos grandes televisores e á consola portátil Nintendo 3DS preocupa a moitos consumidores, que non saben se iso será bo para a vista, e para botar máis leña ao lume, nunha entrevista a Masahiro Sakurai, responsable do futuro xogo Kid Icarus: Uprising (para 3DS), respondeu sobre o tema que «a pantalla da 3DS é unha pantalla realmente magnífica e consegue afectos moi agradables» ao que engadiu que «cando tes moitos obxectos voando cara ao usuario atopo que é máis doado que provoque fatiga visual de xeito que durante o desenvolvemento utilicei obxectos afastándose do usuario que non provocan tal efecto».
Aínda que hai estudos que aseguran que unha boa parte da poboación terá sempre problemas para percibir as 3D (provocándolles mareos), os comentarios de Sakurai dan a entender algo que veñen dicindo moitos expertos na materia: o aproveito da estereoscopía debe de ser racional, pois o seu abuso provoca unha mala experiencia para o usuario.
Sakurai tamén insiste en que as 3D non cambian o xeito de participar nos xogos e, de xeito, na Nintendo 3DS pode regularse/desactivarse tal efecto, polo que todo será un asunto das preferencias do usuario, aínda que en certos momentos dos xogos a sensación de profundidade resulta especialmente espectacular (coma ao poder representar con fidelidade a traxectoria dos disparos).
Matizan o feito de que as 3D nos videoxogos cansen a vista
Compartir Este Artigo

