O xogo de baloncesto NBA Jam destacou non seu día por encarar o xénero deportivo dun xeito orixinal, con partidos de 2 contra 2 con saltos imposibles, mates estratosféricos e tapóns altísimos, levando o arcade a un nivel extremo e que, pese a ser un título case paródico, mantiña un nivel gráfico excelente, especialmente nas súas entregas para máquinas recreativas e agora, tras meses de rumores, anuncian que vai volver coma un xogo descargable para PlayStation 3 e Xbox 360 que poderán obter de balde os compradores de NBA Elite 11 (nome que vai tomar a franquía NBA Live este ano), advertindo que non vai ser posible adquirilos na PlayStation Network ou no Bazar de Xbox LIVE.
A nova versión de NBA Jam contará con 3 modos de xogo (partida rápida, campaña clásica e Online de ata 4 xogadores) e gráficos en alta definición, aínda que tamén haberá unha entrega deste título para a Wii, que incluirá un modo de xogo exclusivo chamado Remix Tour no que poderá xogarse contra lendas da NBA coma Magic Johnson.
NBA Elite 11 incluirá unha copia descargable de NBA Jam
Compartir Este Artigo

