A saga Castlevania, que este ano estreará un título moderno desenvolvido pola compañía española MercurySteam, estreou hoxe mesmo un xogo exclusivo para Xbox LIVE Arcade, Castlevania: Harmony of Despair, que vén a ser unha revisión dos primeiros títulos da franquía, con acción de desprazamento horizontal en 2D (aínda que con gráficos renovados para unha alta definición a 1.080p) no que cos cazavampiros teñen que esforzarse para devolver a Drácula á súa tumba.
O xogo para Xbox 360 conta cunha versión de demostración que podemos descargar de balde, custando o título completo 1.200 puntos (14,4 euros). Esta aventura inclúe niveis inspirados nos mundos de anteriores entregas da saga coma Dawn of Sorrow, Portrait of Ruin e Order of Ecclesia, conta cun sistema de ataques combinados para poder lanzar ataques devastadores coa axuda de compañeiros e un modo en liña de para 6 xogadores no que será posible tanto cooperar coma enfrontarse nun modo Supervivencia para ver quen é o guerreiro que logra manterse con vida durante máis tempo.
A Xbox 360 recibe un novo Castlevania bidimensional descargable
Compartir Este Artigo

