O Ministerio de Industria vén de pór en marcha un novo programa de axudas para fomentar o desenvolvemento integral da banda larga cunha dotación orzamentaria de 200 millóns de euros para 2010. A iniciativa, chamada Programa Avanza Novas Infraestruturas de Telecomunicacións, xa se pode consultar polo miúdo en liña. A nova entrega de subvencións concederase a través de préstamos con bonificación de intereses para o financiamento de iniciativas de despregue de infraestruturas para servizos de banda larga. Segundo informa o Goberno, poderán beneficiarse destas axudas os proxectos inseridos nunha das liñas de actuacións seguintes: a universalización da banda larga básica cunha velocidade de baixadas de polo menos 1 mega por segundo (liña A) e o pulo ao desenvolvemento da banda larga de moi alta velocidade, redes e nova xeración con velocidades de baixada superiores aos 50 megas por segundo.
A finalidade da primeira é espallar a dita infraestrutura de rede básica á meirande porcentaxe de xente do 3% da poboación que segundo o Ministerio de Industria carece arestora de dita cobertura. A segunda liña ten como obxectivo impulsar a extensión das redes de nova xeración e altas capacidades de velocidade, polo que se potenciará o pulo económico a través da mellora da competitividade das empresas en tódolos sectores.
O Goberno achega novas axudas por valor de 200 millóns para impulsar a banda larga
Compartir Este Artigo
