Este ano é o 30º aniversario da estrea da película O Imperio Contraataca e para celebralo os usuarios da PlayStation 3 poden acudir a PlayStation Home para ver unha chea de contidos propios para tal conmemoración. Deste xeito, podemos visitar a cantina de Mos Eisley (onde está a popular orquestra da primeira entrega da saga cinematográfica de George Lucas), así coma vestir ao noso avatar cun traxe de Snowtrooper imperial, de piloto de AT-AT, de piloto rebelde do Snowspeeder… e incluso encarnacións de personaxes coma Han Solo, Leia Organa, Chewbacca e C-3PO.
Amais, LucasArts tamén permitirá facerse con agasallos durante as vindeiras semanas para o que hai que xuntar fragmentos dun código especial canxeable por un obxecto de mobiliario especial. Os interesados deberán visitar os foros para estar ao tanto dos agasallo.
PlayStation Home celebra o 30º de O Imperio Contraataca
Compartir Este Artigo

