EA Sports anunciou hai cousa dunha semana que Andrés Iniesta estará na portada española do xogo FIFA 11, e agora dan o nome do seu compañeiro na imaxe, que non será outro Ricardo Izecson dos Santos Leite, máis coñecido coma Kaká, e que non só estará na portada española, senón que tamén sairá no resto de países, o que non parece unha elección moi afortunada se tempo en conta que o xogador brasileiro estará de baixa o 1 de outubro, cando o xogo chegue ás tendas europeas.
Ao aparecer Kaká de xeito global na portada do xogo, dende EA Sports veñen de estrear un trailer de FIFA 11 no que podemos ver ao xogador do madridista:
Kaká compartirá con Iniesta a portada do FIFA 11
Compartir Este Artigo

