O portal das iniciativas tecnolóxicas da Xunta iMit xa está presente nas redes sociais de Facebook e Twitter, ademais de posibilitar o acceso ás fotos desde Flickr desde principios do pasado mes de xullo. Coa incorporación da web de Iniciativas de Modernización e Innovación Tecnolóxica a estes espazos dáse un paso máis no camiño emprendido desde a Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, departamento que xestiona os contidos do portal, cara o concepto de web 2.0. Unha filosofía coa que se concibiu tamén o cambio da páxina web da Xunta de Galicia presente xa nas redes sociais.
O portal iMit reestruturouse recentemente co obxectivo de responder ás esixencias de cidadáns, empresas e institucións para que poidan acceder aos beneficios que a Xunta quere ofrecer a través as súas canles en liña: unha prestación de máis servizos máis áxil, económica, personalizada e máis eficiente, aos que os cidadáns e as empresas poidan acceder 24 horas ao día, 7 días á semana.
IMit intégrase na liña de traballo que está a seguir a Administración Autonómica galega para facer realidade un modelo de eAdministración no que os servizos públicos electrónicos non son só tecnoloxía, senón unha ferramenta para acadar un achegamento da Administración á cidadanía, cunha unha mellor visibilidade para os usuarios, conseguido tamén un aforro de custes e unha mellora da produtividade dos propios empregados públicos.
Este modelo consiste non só en trasladar servizos da Administración á Rede, senón tamén en ter en conta como levalos, con que esforzos e implicacións, pensando no máximo aproveitamento da súa organización e os seus procedementos asociados, colocando o cidadán no centro e focalizando a interacción, a mellora dos servizos e a redución de custes.
A Secretaría Xeral de Modernización estréase en Twitter
Compartir Este Artigo

